Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 1 de agosto de 2014 Páx. 33352

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (223/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 223/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eduardo Moreno Cruz contra Euclides Información, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza 376/2014.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: resolución de contrato 223/2014.

Demandante: Eduardo Moreno Cruz.

Letrado: Sr. Campos Regueiro.

Demandado: Euclides Información, S.L.

Letrado:

Fogasa.

Sentenza 376/2014

A Coruña, 9 de xullo de 2014.

Decido:

1º. Desestimo a acción sobre resolución de contrato formulada por Eduardo Moreno Cruz contra Euclides Información, S.L. e, en consecuencia, absólvoa dos pedimentos formulados contra ela.

2º. Estimo parcialmente a acción de reclamación de cantidades debidas formulada por Eduardo Moreno Cruz contra Euclides Información, S.L. e, en consecuencia, condeno a empresa demandada a lle pagar ao traballador a cantidade de 6.973,99 euros, así como o 10 % de xuro respecto da dita cantidade.

3º. O Fogasa deberase ater ao disposto nesta resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento. Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2098, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino. Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Euclides Información, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 9 de xullo de 2014

A secretaria xudicial