Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 1 de agosto de 2014 Páx. 33346

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (280/2014).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número 3 en substitución do Xulgado do Social número 4 de A Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 280/2014, por instancia de María Avelina Meizoso Carabel contra Deportes Cimáns, S.L., Baratillo Americano, S.L., Calzados Duplex, S.A., Pecavilla, S.L., Fundación José Ron Neira sobre despedimento, en que recaeu sentenza con data do 20 de xuño de 2014 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvo.

Estímanse parcialmente as demandas interpostas por Avelina Meizoso Carabel contra Deportes Cimáns, S.L., Baratillo Americano, S.L., Calzados Duplex, S.A., Pecavilla, S.L. e Fundación José Ron Neira, con intervención do Ministerio Fiscal e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento da demandante producido o 29 de marzo de 2014.

– Declárase extinguida, con data da presente resolución, o contrato que une a demandante con Pecavilla, S.L.

– Condénase a empresa Pecavilla, S.L. a aboar á demandante as seguintes cantidades:

• 19.540,57 euros en concepto de indemnización.

• 6.129,62 euros en concepto de salarios pendentes de pagamento.

• 236,60 euros en concepto de salarios de tramitación.

Destas cantidades responderán solidariamente as empresas Deportes Cimáns, S.L., Baratillo Americano, S.L., Calzados Duplex, S.A. e Fundación José Ron Neira.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lles sirva de notificación en forma ás empresas Deportes Cimáns, S.L., Baratillo Americano, S.L. e Pescavilla, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 10 de xullo de 2014

O secretario xudicial