Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 1 de agosto de 2014 Páx. 33344

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (348/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 348/2012, deste xulgado do social, seguido por instancia de María Carmen Añón Ambroa, Jesús Manuel Álvarez Pereira e Juan Méndez Brandón contra a empresa Promotora Carballesa, S.A., con intervención procesual da administración concursal de Promotora Carballesa, S.A. e do Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza co encabezamento e resolución seguintes:

Sentenza.

A Coruña, 9 de xullo de 2014.

Vistos por Miguel Herrero Liaño, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 da Coruña e o seu partido, estes autos de xuízo número 348/2012, seguidos por instancia de María Carmen Añón Ambroa, Jesús Manuel Álvarez Pereira e Juan Méndez Brandón, representados polo letrado Sr. Nogueira Esmorís, contra a empresa Promotora Carballesa, S.A. (Procasa), con internvención procesual do Fogasa, que non comparecen, e intervención procesual da administración concursal da empresa, representada polo Sr. Caridad Barreiro e asistida polo letrado Sr. Bouza Fernández, sobre reclamación de cantidade,

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxeron María Carmen Añón Ambroa e Juan Méndez Brandón, con intervención procesual da administración concursal e do Fogasa e, en consecuencia, debo condenar e condeno a parte demandada a que aboe as seguintes cantidades: de 5.986,16 euros a María Carmen Añón Ambroa, e de 7.212,22 euros a Juan Méndez Brandón.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade social ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado, acreditando, mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena ou formalizar aval bancario por esa cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista e incorporalo a este xulgado co anuncio do recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión do orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Promotora Carballesa, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de xullo de 2014

A secretaria xudicial