Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 29 de xullo de 2014 Páx. 32737

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (5484/2012).

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso suplicación 5484/2012 desta Sección, seguido por instancia de Unión Fenosa Generación, S.A., Francisco Buño López contra a empresa Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, CTM Montajes, S.L., Asepeyo, mutua de A.T. e E.P. da Seguridade Social número 151, Umivale, Mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais S.S. Nº 15, sobre recarga de accidente, se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Resolvemos que desestimando os recursos de suplicación interpostos pola representación letrada da empresa Unión Fenosa Generación, S.A. e pola representación legal do traballador Francisco Buño López, confirmamos a sentenza que con data do 7 de maio de 2012 se ditou en autos tramitados polo Xulgado do Social número 3 desta capital, sobre recarga de prestacións por falta de medidas de seguridade, pola que se rexeitaron as demandas acumuladas formuladas polos referidos recorrentes e se absolveron os respectivos demandados nelas. Condénase en custas a empresa recorrente Unión Fenosa, que comprenderán os honorarios do letrado do traballador Sr. Buño López, que impugnou o seu recurso, por importe de 500 euros. Decrétase a perda dos depósitos e consignacións efectuados para recorrer, unha vez que sexa firme esta resolución.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que, contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto,
nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a CTM Montajes, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de xullo de 2014

A secretaria xudicial