Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 29 de xullo de 2014 Páx. 32739

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín

EDICTO (582/2013).

No procedemento de referencia ditouse sentenza con data do 9 de xuño de 2014 cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Resolvo que, admitindo a demanda interposta pola representación de Sonia Elizabeth Benítez contra Valentín Andronache, debo declarar e declaro disolto por razón de divorcio o matrimonio ata a data existente entre os expresados cónxuxes, con todos os efectos legais inherentes para tal pronunciamento.

Non procede facer pronunciamento en materia de custas procesuais.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación que se interporá ante este xulgado no prazo de vinte días, desde o seguinte ao da súa notificación, e que se resolverá ante a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Cando sexa firme esta resolución, procederase á súa inscrición mediante os oportunos despachos no Rexistro Civil correspondente.

Así, por esta a miña sentenza, da cal se levará testemuño aos autos da súa razón, acórdoo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do paradoiro ignorado de Valentín Andronache, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Lalín, 24 de xuño de 2014

O/a secretario/a xudicial