Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 29 de xullo de 2014 Páx. 32734

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1691/2012).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso suplicación 1691/2012 desta Sección, seguido por instancia de María Isabel Pérez Santana, José Manuel Lorenzo Rodríguez, Sonia Villarino Rodríguez, María Carmen Vázquez Bellas contra Transportes Internos y Maquinaria, S.L., Gallega de Alquiler, Obras y Servicios, S.L. (Gados, S.L.) Gados, S.L., Construcciones Obras Vías y Saneamientos, S.L., Auxiliar de Servicios Forestales Gallegos, S.L., Empresa de Desbroces de La Limia, S.L., Oserca Sociedad Limitada, S.L. sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

E para que sirva de notificación en legal forma a Oserca Sociedad Limitada, S.L. en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

María Isabel Freire Corzo, secretaria do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dou fe e testemuño:

Que nos citados autos se ditou resolución que literalmente di:

José Manuel Mariño Cotelo

Fernando Lousada Arochena

Manuel Carlos García Carballo

Na Coruña, 2 de xullo de 2014.

Vistas as presentes actuacións, a Sección Segunda da Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, composta polos señores citados, de acordo co establecido no artigo 117.1 da Constitución española, en nome do rei e pola autoridade que lle confire o pobo español, ditou o seguinte

Auto.

Nas actuacións a que se refire o encabezamento, interpuxo recurso de aclaración a letrada Celia Pereira Porto, en nome e representación de María Isabel Pérez Santana, José Manuel Lorenzo Rodríguez, Sonia Villarino Rodríguez e María Carmen Vázquez Bellas, en que foi parte recorrida Transportes Internos y Maquinaria, S.L., Gallega de Alquiler Obras y Servicios, S.L. (Gados, S.L.), Gados, S.L., Construcciones Obras Vías y Saneamientos, S.L. e Auxiliar de Servicios Forestales Gallegos, S.L. Foi maxistrado relator Manuel Carlos García Carballo e deducíronse das actuacións habidas os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro. A sentenza desta Sala, con data do 6.6.2014, na súa parte dispositiva di:

Que estimando en parte o recurso de suplicación interposto, ... condena a aboar a Carmen Vázquez Bellas a cantidade de 952,82 €.

Segundo. A demandante presenta recurso de aclaración en que alega erro material no cálculo da cantidade debida, que sinala que ascende a 986,14 €.

Fundamentos de dereito.

Único. Admítese a aclaración suxerida, porque efectivamente existe tal erro material de suma das cantidades sinaladas no fundamento segundo da sentenza, erro material emendable en calquera momento e, por iso, revisable, polo que se accede ao solicitado. Por todo iso,

Resolvemos que estimando o recurso de aclaración interposto, se mantén a resolución da sentenza desta Sala do 6 de xuño de 2014, ditada no recurso de suplicación nº 1691/2012, e modifícase exclusivamente a cantidade debida, que ascende a 986,14 €.

Notifíquese ás partes e advírtase que contra esta resolución non cabe ningún recurso. Malia o dito no parágrafo anterior, en tanto se debe entender que este auto se integra na resolución que aclara, corrixe, emenda ou complementa, o prazo para interpor o recurso que caiba contra esa resolución restablécese a partir do momento en que as partes sexan notificadas deste auto. Se algunha das partes interesadas nestas actuacións xa presentase, preparase ou anunciase o pertinente recurso contra a resolución aclarada, corrixida, emendada ou complementada, a súa actuación repútase válida para todos os efectos, sen prexuízo de que, á vista deste auto, poida completala no prazo que con el se abre.

Así, por este noso auto, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de xullo de 2014

A secretaria xudicial