Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Xoves, 24 de xullo de 2014 Páx. 32380

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1239/2010).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de seguridade social 1239/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mercedes Espantoso Rey contra Senior Santiago, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social, o Servizo Galego de Saúde (Sergas), a Tesouraría Xeral da Seguridade Social sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

Decido que estimando a demanda interposta por Mercedes Espantoso Rey contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, o Servizo Galego de Saúde, e contra Senior Santiago, S.L., debo declarar e declaro o dereito da demandante a percibir a prestación de IT derivada de enfermidade común sobre unha base reguladora diaria de 36,07 euros e, en consecuencia, a percibir polo período que abrangue desde o 31 de decembro de 2009 ata o 22 de xuño de 2010 en concepto de diferenzas na prestación de IT un importe bruto total de 1.409,37 euros, máis no seu caso o xuro do artigo 576 da LAC, e condeno as demandadas a estar e pasar pola dita declaración, e debo condenar e condeno a Senior Santiago, S.L. a responder de forma directa da suma de 1.409,37 euros en concepto de diferenzas por razón da infracotización, sen prexuízo da obriga de anticipo da dita cantidade polo Instituto Nacional da Seguridade Social e das accións de reembolso que lle correspondan a este contra a empresa demandada por razón da infracotización.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación (artigo 191.3.c) LRXS).

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Senior Santiago, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2014

A secretaria xudicial