Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Xoves, 24 de xullo de 2014 Páx. 32382

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (679/2013).

Ana María Navarro Gómez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 679/2013 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de María del Carmen Romero Pérez contra a empresa Servanza, S.L., Carlos Piñeiro Silva, Sandra Piñeiro Silva, Natalia Piñeiro Silva, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Decido estimar a demanda formulada por María del Carmen Romero Pérez fronte a Servanza, S.L. e, en consecuencia, declarar a improcedencia do despedimento e declarar a resolución da relación condenando a Servanza, S.L. a que proceda a aboarlle a indemnización por importe de 9.139,56 euros.

Tense a demandante por desistida da acción exercida fronte a Carlos Piñeiro Silva, Natalia Piñeiro Silva e Sandra Piñeiro Silva.

A presente non é firme e contra ela poderá interporse recurso de suplicación no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o acordo, mando e asino.

O maxistrado».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Servanza, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2014

A secretaria xudicial