Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Xoves, 24 de xullo de 2014 Páx. 32383

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (13/2014).

Despedimento/cesamentos en xeral 13/2014.

Sobre: despedimento.

Demandante: Gina Formoso Luaces.

Avogado: José María Rodríguez Fernández.

Demandados: Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Servanza, S.L.

Ana María Navarro Gómez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 13/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Gina Formoso Luaces contra a empresa Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Servanza, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Decisión.

Estimar a demanda formulada por Gina Formoso Luaces fronte a Servanza, S.L. e, en consecuencia, declarar a improcedencia do despedimento e declarar a resolución da relación condenando a Servanza, S.L. a aboarlle a esta a indemnización de 5.696,81 euros.

A presente non é firme e contra esta poderá interporse recurso de suplicación no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o acordo, mando e asino.

O maxistrado».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Servanza, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2014

A secretaria xudicial