Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Xoves, 24 de xullo de 2014 Páx. 32379

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (1317/2013).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1317/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juana María Fernández Castro contra a empresa Metalúrgica Lubre, S.L., e Fogasa, sobre despedimento, se ditou Resolución do 30 de xuño de 2014, dirixida entre outros a Metalúrgica Lubre, S.L., contra a cal cabe interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días, e poderán os interesados ter coñecemento íntegro do acto no dito xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Metalúrgica Lubre, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 30 de xuño de 2014

A secretaria xudicial