Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Xoves, 24 de xullo de 2014 Páx. 32373

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (428/2012-IS).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección Primera da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 428/2012 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra Roberto Salgado Sanjurjo, Manuela Sanjurjo Vergara sobre viuvez, se ditou en data 13 de maio de 2014 a seguinte resolución: estimamos o recurso de suplicación interposto pola representación procesual do INSS e a TXSS contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 de Ourense, do 9 de novembro de 2011, por instancia de Roberto Salgado Sanjurjo contra os recorrentes e Manuela Sanjurjo Vergada, revogamos a sentenza de instancia e, no seu lugar, desestimamos a demanda, no seu día, presentada, con absolución dos demandados.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer na conta de consignacións desta sala aberta en Banesto co número 1552, e deberá indicar no campo concepto «Recurso», seguido do código «35 Social casación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separado por un espazo, o código «35 Social casación». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Así mesmo, en data do 2 de xullo de 2014 ditouse a seguinte resolución: o anterior escrito subscrito polo letrado Antonio Valencia Fidalgo, en nome e representación de Roberto Salgado Sanjurjo, únase ao recurso da súa razón xunto coas súas copias. Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina e fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala. Emprácense as demais partes para que comparezan por escrito de letrado ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, achegando copias do dito escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da dita sala; deberase acreditar a representación da parte de non constar previamente nas actuacións.

Verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníqueselle ao Xulgado do Social número 2 de Ourense que contra a resolución desta sala se recorreu en casación para unificación de doutrina.

Notifíquese a sentenza e emprácese a Manuela Sanjurjo Vergara para ante a Sala do Social do Tribunal Supremo, por medio de edicto no Diario Oficial de Galicia.

Notifíqueselles ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe ningún recurso.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma e localización para ante a Sala do Social do Tribunal Supremo de Manuela Sanjurjo Vergara, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A Coruña, 2 de xullo de 2014

A secretaria xudicial