Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Xoves, 24 de xullo de 2014 Páx. 32371

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3904/2012-MFV).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3904/2012-MFV.

Xulgado de orixe/autos: demanda 757/2011 Xulgado do Social Ferrol-2.

Recorrente: María del Carmen Alvariño Crespo.

Avogada: María Aurora García Guedes (CC.OO.).

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Navantia, S.A., Mutua Asepeyo, Mutua La Fraternidad-Muprespa, Innaval, S.L., Izar Construcciones Navales, S.A. en liquidacion, Montajes Alfer.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3904/2012 desta sección, seguido por instancia de María del Carmen Alvariño Crespo sobre viuvez, se ditou a seguinte resolución: «Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da parte demandante Mª Carmen Alvariño Crespo contra a sentenza de data 28 de marzo de 2012, ditada polo Xulgado do Social número 2 dos de Ferrol, nos autos número 757/2011, seguidos por instancias da demandante contra as demandadas, debemos confirmar e confirmamos a sentenza de instancia. Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer na conta de consignacións desta sala aberta en Banesto co número 1552, e deberá indicar no campo concepto “Recurso”, seguido do código “35 Social casación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separado por un espazo, o código “35 Social casación”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa Montajes Alfer e Innaval, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de xuño de 2014

A secretaria xudicial