Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Xoves, 24 de xullo de 2014 Páx. 32375

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (775/2013).

Procedemento ordinario 775/2013.

Sobre: outras materias.

Demandante: Estación de Servicio Santa Lucía, S.L.

Procuradora: María Soledad Sánchez Silva.

Demandado: O. P. Logística Carrexa, S.L.

No procedemento de referencia ditouse a resolución cuxo encabezamento e decisión son do tenor literal seguinte:

Sentenza 71/2014.

Xuízo ordinario 775/2013.

Maxistrada xuíza: María Jesús Sánchez Carbajales.

Demandante: Estación de Servicio Santa Lucía, S.L.

Avogado: Sra. Hermo Míguez.

Procuradora: Sra. Sánchez Silva.

Demandado: O.P. Logística Carrexa, S.L. (en rebeldía).

Obxecto: reclamación de cantidade.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2014.

Decisión.

Estimo integramente a demanda presentada por Estación de Servicio Santa Lucía, S.L. contra O.P. Logística Carrexa, S.L. e, en consecuencia, condeno a entidade demandada a aboarlle á entidade demandante a suma de 8.937,27 euros, incrementada cos xuros legais devindicados desde a data de presentación da demanda, e con aplicación do artigo 576 da LAC desde a data da sentenza.

Todo iso con imposición de custas á parte demandada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes coa indicación de que esta non é firme e que contra ela poderá interporse recurso de apelación ante a Sala do Civil da Audiencia Provincial, recurso que deberá presentarse neste xulgado no prazo de vinte días desde a súa notificación.

Expídase testemuño da presente resolución para a súa unión aos autos principais e lévese o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino, María Jesús Sánchez Carbajales, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de O.P. Logística Carrexa, S.L., expídese a presente para que sirva de cédula de notificación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2014

O/a secretario/a xudicial