Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Xoves, 24 de xullo de 2014 Páx. 32377

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela

EDICTO (797/2013).

María Manuela Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número 5 dou fe de que no procedemento de xuízo verbal número 797/12-5, seguido ante este Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela, se ditou a sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Sentenza.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2014.

Jorge Cid Carballo, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 5 dos de Santiago de Compostela, logo de ver os presentes autos de xuízo verbal número 793/2013, por instancia de María de la Almudena Loureiro del Caño e de Carlan Loureiro del Caño, asistidas polo letrado José Ramón Oulego Erroz, contra Susana Rodríguez Martínez, a cal foi declarada en rebeldía.

Decido estimando a demanda interposta por María de la Almudena Loureiro del Caño e de Carlan Loureiro del Caño contra Susana Rodríguez Martínez, debo condenar e condeno a demandada a aboarlle á demandante a cantidade de seiscentos trinta e sete euros con sesenta céntimos (637,60 €). Todo iso con expresa imposición de custas á parte demandada. Esta sentenza é firme, xa que contra ela non cabe recurso ningún, conforme o establecido no artigo 455 da LAC. Expídase e únase certificación desta resolución ás actuacións, con inclusión do orixinal no libro de sentenzas. Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e decídoo.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Susana Rodríguez Martínez, expídese esta para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2014

A secretaria