Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 23 de xullo de 2014 Páx. 32254

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (865/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 865/2013, deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo Rodríguez Quintáns contra Juan Eugenio Hernández Escobar, Intemaga, S.L.; UTE Avico, Grupo Cobra, S.A., Proinfo, PACSA, IPT-Grupo COMSA-Ente, o Fogasa, Administrador Concursal Intemaga e o Fogasa, sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza: 374/2014.

Reforzo 5.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: resolución de contrato 865/2013, acumulado despedimento 878/2013 e 507/2014.

Demandante: Pablo Rodríguez Quintáns.

Letrado: Sr. Nogueira Esmorís.

Demandada:

Intemaga, S.L.

Letrado:

Administrador Concursal de Intemaga, S.L.

Sr. Hernández Escobar.

UTE Avico, PACSA, IPT-Grupo COMSA-Ente.

Letrada: Sra. Pequeño Fernández.

Grupo Cobra, S.A.

Letrado:

Proinfo.

Letrado:

Fogasa.

Sentenza.

A Coruña, 30 de xuño de 2014.

Resolvo:

Primeiro. Aceptar a acción sobre a resolución contractual formulada por Pablo Rodríguez Quintáns fronte á empresa Intemaga, S.L. e acordar a extinción da súa relación laboral con efectos do 12.7.2013, condenando a empresa demandada a aboarlle ao demandante a indemnización de 13.557,31 euros.

Segundo. Rexeito a acción de impugnación de despedimento por causa obxectiva e por despedimento tácito formulada por Pablo Rodríguez Quintáns fronte á empresa Intemaga, S.L.

Terceiro. Acepto a acción de reclamación de cantidade formulada por Pablo Rodríguez Quintáns fronte á empresa Intemaga, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a aboarlle ao primeiro a suma de 6.997,67 euros, en concepto de salarios percibidos e non satisfeitos.

Cuarto. Dáse por desistido o demandante das súas pretensións fronte ás empresas UTE Avico, Grupo Cobra, S.A., Proinfo, PACSA, IPT-Grupo COMSA-Ente.

Quinto. O Fogasa e a Administración concursal de Intemaga, S.L. deberán pasar polo resolto nesta resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas, deixando testemuño dela no presente procedemento. Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndoas de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito; pasados os cales, se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento. Advírtase igualmente o recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa súa, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro. Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz do Xulgado do Social de reforzo da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e lle sirva de notificación a Intemaga, S.L., en paradoiro ignorado, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 30 de xuño de 2014

A secretaria xudicial