Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 23 de xullo de 2014 Páx. 32252

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1220/2013).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1220/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Sanda Espiñeira contra A.P.O. Infraestructuras, S.L. e Fogasa e administración concursal de A.P.O Infraestructuras, S.L. sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvo.

Debo estimar e estimo a demanda sobre despedimento formulada por Carlos Sandá Espiñeira fronte á empresa A.P.O. Infraestructuras, S.L. con intervención procesual a administración concursal e o Fogasa e, en consecuencia:

1. Declaro a improcedencia do despedimento.

2. Tense por efectuada a opción a favor da indemnización e declárase a extinción da relación laboral na data desta resolución; condénase a demandada a aboarlle ao demandante, en concepto de indemnización, a cantidade de 1.768,08 euros.

Notifíqueselle a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Advírtaselle ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que, na mesma data da sentenza, se deposita na Secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. Seguidamente, expídese testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a A.P.O. Infraestructuras, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de xullo de 2014

A secretaria xudicial