Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 23 de xullo de 2014 Páx. 32251

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña

EDICTO (387/2013).

Carlota Fernández Ambros, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña, mediante este edicto certifico que no xuízo ordinario 387/2013-Al, seguido neste xulgado por instancia de Makro Autoservicio Mayorista, S.A. fronte a Valobar Restauración, S.L., se ditou sentenza.

Os interesados poderán ter coñecemento íntegro da dita sentenza na Secretaría deste xulgado.

A resolución non é firme e contra esta cabe recurso de apelación no prazo de vinte días, contados a partir desta publicación, que deberá interporse neste xulgado.

E estando a demandada Valobar Restauración, S.L. en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma a esta.

A Coruña, 14 de marzo de 2014

A secretaria xudicial