Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 23 de xullo de 2014 Páx. 32249

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1724/2010).

Secretaría: María Asunción Barrio Calle.

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 1724/2010 S.

Materia: accidente.

Recorrente: Luciano Nieto Fernández.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Cotobad Gestión Mantenimiento, S.L., Egarsat Matepss número 276 (antes SAT Mutua).

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 1 de Pontevedra. Demanda 184/2009.

Cédula de notificación.

Nas actuacións número RSU 1724/10-RCUD 105/03-S, ás cales se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dimanantes dos autos número 184/2009 do Xulgado do Social número 1 de Pontevedra, promovidos por Luciano Nieto Fernández contra o INSS e outros, sobre accidente, con data 29 de abril de 2014 ditou a Sala IV do Tribunal Supremo a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte tenor literal:

«Decidimos: estimamos o recurso de casación para unificación de doutrina interposto polo letrado Celestino Barros Pena, en nome e representación de Luciano Nieto Fernández contra a sentenza ditada o 21 de marzo de 2013 pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en recurso de suplicación número 1724/2009, seguido por instancia de Luciano Nieto Fernández contra Cotobad Gestión Mantenimiento, S.L., Mutua Egarsat Matepss, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social. Casamos e anulamos a sentenza contra a que se recorre e resolvemos o debate formulado en suplicación no sentido de revogar a sentenza de instancia e de estimar a demanda e de declarar que as prestacións recoñecidas derivan de accidente laboral. Sen custas».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Cotdobad Gestión Mantenimiento, S.L., con último domicilio coñecido en Pontevedra, rúa Benito Corbal, 14, 8º A, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 1 de xullo de 2014

A secretaria da sala