Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 23 de xullo de 2014 Páx. 32247

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4607/2012).

Xulgado de orixe/autos: demanda 484/2011 Xulgado do Social número 4 de Vigo.

Recorrente: Juan Fernández Lorenzo.

Graduado social: Xosé Manuel Rodríguez Méndez.

Recorridos: administración concursal Rocas y Cantería Ornamental (Luciano de Dios Teijeira), Rocas y Cantería Ornamental, S.A., Rocas de Porriño, S.L., administración concursal Rocas de Porriño, S.L., Generali España, S.A. de Seguros y Reaseguros.

Avogados: José Luis González Cuenca, Carlos Fontán Domínguez.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 4607/2012 desta sección, seguido por instancia de Juan Fernández Lorenzo contra a administración concursal Rocas y Cantería Ornamental (Luciano de Dios Teijeira), Rocas y Cantería Ornamental, S.A., Rocas de Porriño, S.L., administración concursal Rocas de Porriño, S.L., Generali España, S.A. de Seguros y Reaseguros sobre outros dereitos Seguridade Social, se ditou a seguinte resolución:

«Que, desestimando o recurso de suplicación interposto por Juan Fernández Lorenzo contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 4 de Vigo, nos presentes autos tramitados pola súa instancia fronte a Rocas de Porriño e outros debemos confirmar e confirmamos esta sentenza.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito perante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no Banco Banesto, nº 1552 0000 80 (número de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta corrente desta sala nº 1552 0000 37 (número de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que produzan os seus efectos legais y sirva de notificación ás empresas Rocas de Porriño, S.L. y Rocas y Cantería Ornamental, S.A. con último domicilio coñecido no Porriño (Pontevedra) –advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento–, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 27 de xuño de 2014

A secretaria xudicial