Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 23 de xullo de 2014 Páx. 32257

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (52/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamento en xeral 52/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sebastián Vilela Soneira contra a empresa José Manuel Fraga Fraga, Fogasa, sobre despedimento, ditouse a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Reforzo:

Sentenza: 298/2014.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 52/2014.

Demandante: Sebastián Vilela Soneira.

Letrada: Sra. Baptista de Sousa.

Demandado: empresa José Manuel Fraga Fraga.

Sentenza nº 298/2014.

A Coruña, 30 de xuño de 2014.

Decido:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Sebastián Vilela Soneira fronte á empresa José Manuel Fraga Fraga e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral á data desta sentenza. Todo iso con condena da empresa indicada ao aboamento da indemnización detallada no número 2º desta decisión.

2º. A indemnización para aboar polas empresas demandadas, segundo o disposto no número anterior, ascende á cantidade de 28.178,77 euros.

3º. O Fogasa pasará polo resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e procederase ao seu arquivamento.

Advírtase igualmente ao recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz do Xulgado do Social de reforzo da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que conste e sirva de notificación á empresa José Manuel Fraga Fraga, en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 30 de xuño de 2014

A secretaria xudicial