Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 22 de xullo de 2014 Páx. 32039

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (707/2012).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 707/2012 deste xulgado do Social, seguido por instancia de José Fernando Olveira Arufe contra Semar Aluminio, S.L., Residenciales Norgal, S.L., Gestión Inmobiliaria Promolar, S.L., Urbanizadora de Bertamiráns, S.L., Manuel García Fernández, Marcial García Guillín, Fogasa, Sistemas Especiales Metálicos para la Arquitectura, S.L., Marcial García, S.L., María del Carmen Guillín Rey, Alfonso Vázquez Boquete, María Abel Tarrío Fernández, se ditou sentenza que di literalmente:

«Considérase que José Fernando Olveira Arufe desiste da demanda de despedimento presentada contra Urbanizadora de Bertamiráns, S.L., Gestión Inmobiliaria Promolar, S.L., Residenciales Norgal, S.L., Alfonso Vázquez Boquete e Manuel García Fernández, e decrétase o sobresemento e arquivo do procedemento respecto dos ditos codemandados.

Que estimando integramente a demanda interposta por José Fernando Olveira Arufe contra Semar Aluminio, S.L., Sistemas Especiales Metálicos para la Arquitectura, S.L., Marcial García, S.L., Marcíal García Guillín, María del Carmen Guillín Rey e María Abel Tarrío Fernández, debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento do demandante efectuado pola demandada Semar Aluminio, S.L. con efectos do 6 de agosto de 2012, e debo condenar e condeno solidariamente os codemandados a que readmitan inmediatamente o traballador demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, con aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación desta sentenza a razón de 60,81 euros diarios, ou ben, a elección do empresario (dos codemandados), á extinción da relación laboral con aboamento ao demandante dunha indemnización de 21.297,84 euros por despedimento improcedente.

A opción polo empresario (os codemandados) entre a readmisión do traballador e a indemnización por despedimento improcedente deberase exercer no prazo de cinco días contados a partir da notificación da presente sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido ese termo sen o empresario optar, entenderase que procede a readmisión.

No que se refire á responsabilidade do Fogasa, deberase observar o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa esta resolución e fágaselles saber que contra ela poderán interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Semar Aluminio, S.L., Residenciales Norgal, S.L., Gestión Inmobiliaria Promolar, S.L., Urbanizadora de Bertamiráns, S.L., Manuel García Fernández, José Fernando Olveira Arufe, Sistemas Especiales Metálicos para la Arquitectura, S.L., Marcial García, S.L., Alfonso Vázquez Boquete, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advirteselle ao destinatario que as seguintes comunicación faranse fixando compia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trade de emprazamento.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2014

A secretaria xudicial