Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 22 de xullo de 2014 Páx. 32041

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (872/2010).

Ana María Navarro Gómez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 872/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Novo Uzal contra a empresa Ventilaciones Carlos Pérez, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Resolución.

Estimo a demanda formulada por José Luis Novo Uzal contra a empresa Ventilaciones Carlos Pérez, S.L., con condena da demandada ao aboamento da cantidade de 10.909,10 euros en concepto de salarios debidos, cos xuros por mora do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela non se poderá interpor ningún recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

O maxistrado».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ventilaciones Carlos Pérez, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexa autos ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2014

A secretaria xudicial