Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 22 de xullo de 2014 Páx. 32042

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (395/2010).

Ana María Navarro Gómez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento demanda 395/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ramón Hermo Maza e José Luis Tubío Collazo contra as empresas Cometa Barbanza, S.L., Multiser Somar, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte:

«Resolución.

Estimo a demanda formulada por José Ramón Hermo Maza e José Luis Tubío Collazo contra as empresas Cometa Barbanza, S.L. e Multiser Somar, S.L., con condena das demandadas, de forma conxunta e solidaria, ao aboamento das cantidades:

– A José Ramón Hermo Maza, a cantidade de 4.694,10 euros.

– A José Luis Tubío Collazo, a cantidade de 5.020,12 euros.

En ambos o casos, cos xuros por mora previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores e coa responsabilidade subsidiaria do Fogasa para o suposto de insolvencia dos obrigados principais.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ao da súa notificación.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

O maxistrado».

E para que sirva de notificación en legal forma a Cometa Barbanza, S.L. e a Multiser Somar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2014

A secretaria xudicial