Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 22 de xullo de 2014 Páx. 32044

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (886/2010).

Ana María Navarro Gómez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 886/2010 deste xulgado do Social, seguido por instancia de Elías Isasi Berganza contra a empresa Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Befesa Construcción y Tecnología Ambiental, S.A., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Resolvo que desestimo integramente a demanda formulada por Elías Isasi Berganza contra a empresa Befesa Construcción y Tecnología Ambiental, S.A. e Fogasa, e absolvo as demandadas de todos os pedimentos formulados na súa contra.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela non se poderá interpor ningún recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

O maxistrado».

E para que sirva de notificación en legal forma a Befesa Construcción y Tecnología Ambiental, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2014

A secretaria xudicial