Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 22 de xullo de 2014 Páx. 32038

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (71/2014-M).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número DSP 71/2014 por instancia de Flavia Verónica Andrada contra The Bue Train, S.C., Enrique Amor Baldomir, Paulo César Gestal Bregua e Fogasa, sobre despedimento, nos cales no día da data se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di textualmente:

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta en materia de despedimento por Flavia Verónica Andrada contra The Blue Train, S.C., Enrique Amor Baldomir e Paulo César Gestal Bregua, declarándose improcedente o despedimento da demandante efectuado pola mercantil demandada, con responsabilidade solidaria dos dous únicos socios codemandados, Enrique Amor Baldomir e Paulo César Gestal Bregua, e ante a imposibilidade da readmisión enténdese feita a opción da indemnización por importe 7.157 euros, e condeno a mercantil ao aboamento desta cantidade con responsabilidade solidaria dos socios e declarando a extinción da relación laboral que unía o demandante coa empresa con data da presente resolución.

Así mesmo, debo absolver e absolvo a Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución; abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación á empresa demandada The Blue Train, S.C., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado, agás as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 18 de xuño de 2014

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial