Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 22 de xullo de 2014 Páx. 32036

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (67/2013).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento seguridade social 67/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutua Gallega Accidentes de Trabajo contra Escayolas y Decoraciones Lanzarote, S.L., Mutua Fremap, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, David José Arbelo Delgado e Montajes Guadiana, S.A., sobre seguridade social, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución din:

Sentenza.

A Coruña, 23 de xuño de 2014.

Miguel Herrero Liaño, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 67/2013, en que figuran como partes, dun lado, como demandante, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, representada polo letrado Sr. Torrado Oubiña e, doutro, como demandadas, INSS e TXSS, representadas pola letrada Sra. Suárez Herva, Mutua Fremap, representada pola letrada Sra. Gómez Lage, Montajes Guadiana, S.A. e Escayolas y Decoraciones Lanzarote, S.L. e David José Arbelo Delgado, que non comparecen, sobre incapacidade permanente, pronunciou, en nome do rei a seguinte sentenza:

Resolución.

Desestímase a demanda formulada por Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo fronte a INSS, TXSS, Mutua Fremap, Daniel José Arbelo Delgado, Escayolas y Decoraciones Lanzarote, S.L. e Montajes Guadiana, S.A. e, en consecuencia, absólvense as partes demandadas das pretensións contra elas formuladas.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Advírtase o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporalos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Escayolas y Decoraciones Lanzarote, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de xuño de 2014

A secretaria xudicial