Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 22 de xullo de 2014 Páx. 32034

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Tui

EDICTO (387/2012).

Begoña Acha Barral, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Tui, por medio do presente anuncio:

No presente procedemento ordinario 387/2012, seguido por instancia de Aktiv Kapital Portfolio As, Oslo, sucursal en Zug, fronte a Eladio Sotelo Alberti ditouse sentenza cuxo extracto é o seguinte:

Sentenza.

Tui, 24 de xuño de 2014.

Vistos por Estefanía Elena Peña Quintas, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Tui, os presentes autos de xuízo ordinario 387/2012, seguidos por instancia de Aktiv Kapital Portfolio, As, Oslo, sucursal en Zug, representada pola procuradora dos tribunais María Rosa Marquina Tesouro, en substitución de José Marquina Vázquez, e asistida pola letrada Irene Aguiar Lale, en substitución de Jordi Bosh, contra Eladio Sotelo Alberti, en situación de rebeldía procesual, sobre reclamación de cantidade, nos cales son de aplicación os seguintes

Seguen antecedentes de feito.

Seguen fundamentos de dereito.

Decisión que considerando integramente a demanda formulada polo procurador dos tribunais José Marquina Vázquez, en representación de Aktiv Kapital Portfolio, As, Oslo, sucursal en Zug, contra Eladio Sotelo Alberti, en situación de rebeldía procesual, debo:

1. Condenar e condeno a Eladio Sotelo Alberti a aboarlle a Aktiv Kapital Portfolio, As, Oslo, sucursal en Zug, a suma de 11.336,76 euros. A ddita cantidade devindicará os xuros moratorios pactados no contrato desde o 12 de xuño de 2007, ascendendo a 6.849,46 euros os xuros moratorios correspondentes ao período comprendido entre o 12 de xuño de 2007 e o 22 de outubro de 2012. Dese a presente sentenza ata o seu completo pagamento devindicaranse os xuros procesuais do artigo 576 da LAC.

2. Condenar e condeno a Eladio Sotelo Alberti a satisfacer as custas deste procedemento.

E encontrándose o dito demandado, Eladio Sotelo Alberti, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Tui, 24 de xuño de 2014

A secretaria xudicial