Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 22 de xullo de 2014 Páx. 32032

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón

EDICTO (245/2012).

Filiación 245/2012.

Demandante: María Morela González.

Procuradora: María del Carmen Esperanza Álvarez.

Avogado: Enrique Vila Torres.

Demandadas: María Rosa Mene Uzal, Elena Mene Uzal.

Procuradora: Ángeles Regueiro Muñoz.

Eduardo José Castaño Barreiro, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón, por medio do presente

Anuncio:

Neste procedemento, seguido por instancia de María Morela González fronte a María Rosa Mene Uzal, Elena Mene Uzal, ditouse sentenza cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Estímase a demanda formulada pola procuradora María del Carmen Esperanza Álvarez, en representación de María Morela González, contra María Rosa Mene Uzal, representado pola procuradora María de los Ángeles Regueiro Muñoz, e Elena Mene Uzal, en situación procesual de rebeldía, e declaro que Ramón Mene Martínez é o pai biolóxico de María Morela González, polo que os apelidos desta pasarán a ser de agora en diante «Mene González», e deberán efectuarse as correspondentes anotacións no rexistro civil competente.

Cada parte aboará as custas deste procedemento causadas pola súa instancia e as comúns por metade.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que a resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación no prazo de vinte días contados desde o seguinte á súa notificación.

Por exixilo así a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a interposición do recurso contra esta resolución exixe a constitución do depósito de 50 euros mediante ingreso en efectivo, en calquera sucursal de Banesto, na conta de depósitos e consignacións deste órgano xudicial, expediente 1575-0000-39-0245/12. O depósito da expresada suma deberá ser acreditado ao interpor o recurso, a cuxo escrito se achegará copia do xustificante ou da orde de ingreso, sen cuxo requisito non será admitido a trámite. Están exceptuados da obriga de constituír o depósito, ademais do Ministerio Fiscal, os que teñan recoñecido no procedemento o dereito de asistencia xurídica gratuíta.

Expídase testemuño desta sentenza para a súa unión aos autos e lévese o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. No mesmo día, en audiencia pública, foi lida e publicada a anterior sentenza pola maxistrada xuíza que a ditou. Dou fe».

E encontrándose a dita demandada Elena Mene Uzal, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Padrón, 28 de marzo de 2014

Eduardo José Cataño Barreiro
Secretario xudicial