Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 16 de xullo de 2014 Páx. 31365

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos

EDICTO (310/2012).

Nos autos de ordinario número 310/12, seguidos por instancia do procurador Roberto Aba Veiga, en nome e representación de José Francisco Allegue Pereiro e Ana Isabel Corbeira Leira, contra NCG Banco, S.A. e Impacta Grupo Inmobiliario, S.L., ditouse con data do 31.7.2013 sentenza, que contén o encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

Sentenza 91/2013.

Procedemento: xuízo ordinario nº 310/12.

En nome da súa maxestade o rei, María Piñeiro Garabana, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos e o seu partido xudicial, ditou a seguinte sentenza:

En Betanzos o 31 de xullo de 2013.

Vistos por min, María Piñeiro Garabana, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos, os presentes autos de xuízo ordinario nº 310/12, sobre resolución contractual e reclamación de cantidade, no cal son partes os demandantes José Francisco Allegue Pereiro e Ana Isabel Corbeira Leira, asistidos polo letrado Alejandro López Sánchez e representados polo procurador dos tribunais Roberto Aba Veiga, e como demandados NCG Banco, S.A., asistido polo letrado Lino Rodríguez-Quintana Sández e representado pola procuradora dos tribunais Amparo Cagiao Rivas, e Impacta Grupo Inmobiliario, S.L., en situación de rebeldía procesual, ditei esta resolución á que serven de base os seguintes.

Decido que, estimando a demanda interposta polo procurador dos tribunais Roberto Aba Veiga, en nome e representación de José Francisco Allegue Pereiro e Ana Isabel Corbeira Leira, en canto dirixida contra Impacta Grupo Inmobiliario, S.L., debo declarar a resolución do contrato de compravenda do 26 de setembro de 2006 e, consecuentemente, a resolución de todas as relacións xurídicas dimanantes deste e existentes entre José Francisco Allegue Pereiro e Ana Isabel Corbeira Leira e a mercantil Impacta Grupo Inmobiliario, S.L., debo condenar e condeno a citada demandada a restituír aos demandantes a suma total de corenta e sete mil catrocentos setenta e seis euros con oitenta céntimos (47.476,85 euros), máis os xuros legais correspondentes.

Que, desestimando a demanda interposta polo procurador dos tribunais Roberto Aba Veiga, en nome e representación de José Francisco Allegue Pereiro e Ana Isabel Corbeira Leira, en canto dirixida contra NCG Banco, S.A, debo absolver e absolvo a citada demandada dos pedimentos efectuados na súa contra.

Todo iso con expresa imposición á demandada Impacta Grupo Inmobiliario, S.L. das custas causadas na tramitación do presente procedemento, agás as causadas ao codemandado absolvido, que son de cargo dos demandantes.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Esta resolución non é firme. Contra ela cabe recurso de apelación que deberá interpoñerse neste xulgado no prazo de vinte días contados desde o seguinte á súa notificación.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza pola xuíza que a subscribe, estando celebrando audiencia pública no día da súa data, ante min a secretaria. Dou fe.

E en cumprimento do acordado, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e para que sirva de notificación en forma ao demandado rebelde Impacta Grupo Inmobiliario, S.L., expídese o presente.

Betanzos, 24 de marzo de 2014

A secretaria xudicial