Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 16 de xullo de 2014 Páx. 31363

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1372/2014-PM).

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Sala do Social da Coruña.

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 1372 /2014-PM.

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 1001/2012. Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

Recorrente: María de los Ángeles Castaño Dopazo.

Graduado social: Francisco Javier Castro Freire.

Recorrido/s: Fogasa, Servanza, S.L.

Eu, M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1372/2014 desta sección, seguido por instancia de María de los Ángeles Castaño Dopazo contra a empresa Servanza, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual de María Ángeles Castaño Dopazo contra a sentenza do 26 de xuño do ano 2013, ditada polo Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, en proceso sobre despedimento e resolución de contrato, promovido pola recorrente fronte á empresa Servanza, S.L., debemos confirmar e confirmamos a sentenza impugnada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para interpor recurso, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez que sexa firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Servanza, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de xuño de 2014

A secretaria xudicial