Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 16 de xullo de 2014 Páx. 31367

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (204/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 204/2012 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Francisca Mercedes Sánchez Losada contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa resolución é a seguinte:

Que debo admitir e admito a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Francisca Mercedes Sánchez Losada fronte a Esabe Vigilancia S.A., con intervención do Fogasa e, en consecuencia, debo condenar e condeno a parte demandada a que lle aboe á demandante a cantidade de 1.241,68 euros.

Notifíquese a presente resolución ás partes indicando que fronte a esta non cabe interpoñer recurso de suplicación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 25 de xuño de 2014

A secretaria xudicial