Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 14 de xullo de 2014 Páx. 31060

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela

EDICTO (754/2007).

María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela, dá fe de que no procedemento de divorcio contencioso número 754/2007, seguido ante este Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela, se ditou a sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son como segue:

Sentenza.

En Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2014.

Jorge Cid Carballo, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos de divorcio contencioso seguidos co número 754/2007, por instancia de Mercedes Santos Vilar, representada polo procurador Rafael Trigo Trigo e asistida polo letrado Javier Sánchez Agustino Mariño, contra José Aceituno Ortega.

Resolución estimando a demanda de divorcio interposta, debo declarar e declaro disolto, por causa de divorcio, o matrimonio formado por Mercedes Santos Vilar e José Aceituno Ortega, con todos os efectos legais, manténdose as medidas acordadas na sentenza de separación do 16 de novembro de 1999 nos termos establecidos no fundamento xurídico segundo desta sentenza. Todo iso sen facer expresa imposición de custas.

Unha vez firme esta resolución, comuníquese de oficio ao Rexistro Civil competente para a práctica da inscrición marxinal desta resolución. Esta sentenza non é firme e contra ela pódese interpor recurso de apelación ante a Audiencia Provincial, neste mesmo xulgado, no prazo de vinte días contados a partir do seguinte ao da súa notificación, por escrito, con sinatura de letrado e procurador, na forma prevista no artigo 458 da LAC. Advírtase a ambas as partes que se desexan formular recurso de apelación deberán acreditar, co escrito de interposición do recurso, a constitución de depósito na conta de depósitos e consignacións do xulgado, de acordo co establecido na disposición adicional décimo quinta da LOPX e polo importe previsto en tal norma. A non constitución do depósito levará consigo a inadmisión a trámite do recurso.

Expídase e únase certificación desta resolución ás actuacións con inclusión do orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de José Aceituno Ortega, expídese esta cédula para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2014

A secretaria xudicial