Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 14 de xullo de 2014 Páx. 31058

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2318/2012).

María Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación número 2318/2012 desta sección, seguido por instancia de Carmen Pardo Rodríguez, Ver_PDF e Eduardo Vázquez García contra Luis García Rodellino, Fogasa, Coruñesa de Parabrisas, S.L., Auto Arte Coruña, S.L., Vidrioarte Coruña, S.L., Autoarte Galicia, S.L., Vidrioarte Galiza, S.L., Don 24 horas, S.C., sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

«Estimamos o recurso de suplicación interposto polo letrado Antonio Vázquez López, en nome e representación de Ver_PDF e María del Carmen Pardo Rodríguez e de Eduardo Vázquez García, contra a sentenza do 19 de outubro de 2010, ditada polo Xulgado do Social número 2 da Coruña en autos nº 707/2006, e revogamos en parte a expresada resolución, no sentido de estender a condena solidaria ás codemandadas Auto Arte Galicia, S.L., Vidrio Arte Galicia, S.L., confirmándoa en canto aos restantes pronunciamentos.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que, contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta desta sala número 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que produza os efectos legais e sirva de notificación á empresa Luis García Rodellino, Vidroarte Coruña, S.L., Auto Arte Coruña, S.L. e Coruñesa de Parabrisas, S.L., actualmente en ignorado paradoiro, advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 13 de xuño de 2014

A secretaria xudicial