Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 14 de xullo de 2014 Páx. 31056

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2014 pola que se fai público o acordo do Consello Reitor de nomeamento do posto de director/a da Área de Programas, anunciado pola Resolución do 11 de xuño de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 112, do 13 de xuño).

Convocada a provisión dun posto de persoal directivo vacante na Axencia Galega de Innovación, mediante a Resolución do 11 de xuño de 2014 (DOG núm. 112, do 13 de xuño), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida resolución e no artigo 79 da Lei 16/2010, do 17 de decembro,

DISPOÑO:

Primeiro. Dar publicidade ao acordo do Consello Reitor da Axencia Galega de Innovación do nomeamento dun posto de persoal directivo vacante na Axencia Galega de Innovación, anunciado pola Resolución do 11 de xuño de 2014 (DOG núm. 112, do 13 de xuño).

Segundo. A funcionaria nomeada para o desempeño do posto de traballo de referencia exprésase no anexo desta resolución.

Terceiro. O cesamento no actual destino da funcionaria que obtivo praza producirase, segundo o previsto no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da data da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou segundo o establecido na normativa de aplicación na súa Administración de orixe.

O prazo para tomar posesión do novo destino é de tres días se non implica cambio de residencia, ou de sete días se comporta cambio de residencia.

Cando a adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será de vinte días hábiles.

Cuarto. A xefatura de persoal do centro onde cause baixa a funcionaria, así como a daquel en que acada o destino, efectuarán, dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión. A seguir, realizaranse os trámites para a súa alta en nómina.

Quinto. Contra o acordo do Consello Reitor os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o órgano competente da orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2014

Manuel Antonio Varela Rey
Director da Axencia Galega de Innovación

ANEXO

Apelidos e nome: Morgade Saavedra, Pilar.

NRP: 3495429224 A2060.

Denominación do posto: director/a da Área de Programas.

Código: IN.A11.00.002.15770.001.

Directivo grupo III, nivel 2.

Localidade: Santiago de Compostela.