Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 14 de xullo de 2014 Páx. 31053

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Economía e Industria

ORDE do 17 de xuño de 2014 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciada pola Orde do 11 de abril de 2014.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciada pola Orde do 11 de abril de 2014 (DOG nº 88, do 9 de maio), de conformidade co disposto no artigo 29.2º do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 17.4º do referido decreto lexislativo, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo vacantes na Consellería de Economía e Industria, anunciada pola Orde do 11 de abril de 2014 (DOG nº 88, do 9 de maio).

Segundo. Adxudicarlles destino, nos postos de traballo que se indican, aos/as funcionarios/as que se relacionan no anexo desta orde.

Terceiro. O cesamento no destino actual dos/as funcionarios/as que obtiveron praza producirase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo de toma de posesión da praza adxudicada deberá realizarse no prazo dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se se trata da mesma localidade en que presta os seus servizos o/a funcionario/a, ou no prazo de sete días hábiles se se trata de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e o disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazo de toma de posesión iniciarase cando rematen os permisos, vacacións ou licenzas que, de ser o caso, lle concederon ao/á funcionario/a; nos supostos de baixa temporal ou transitoria, iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto. A persoa titular do departamento de persoal en que cause baixa o/a funcionario/a, así como o daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Quinto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, perante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2014

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía e Industria

ANEXO

Apelidos e nome: Toubes Navarro, Mercedes Patricia.

NRP: 3328111357 A2060.

Subgrupo: A1.

Corpo/escala: corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

Denominación do posto: xefatura do Servizo de Inspección, Vixilancia do Mercado e Seguridade dos Produtos.

Código do posto: INO110000015770045.

Nivel: 28.

Dependencia: xerencia do Instituto Galego de Consumo.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Vázquez Gil, Cristina Estrella.

NRP: 3498105435 A2051.

Subgrupo: A2.

Corpo/escala: corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia.

Denominación do posto: xefatura do Servizo de Consumo.

Código do posto: INO191000032001001.

Nivel: 28.

Dependencia: Xefatura Territorial (Instituto Galego de Consumo).

Localidade: Ourense.

Apelidos e nome: Diéguez García, Alfonso.

NRP: 3607322602 A2051.

Subgrupo: A2.

Corpo/escala: corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia.

Denominación do posto: xefatura do Servizo de Consumo.

Código do posto: INO191000036001001.

Nivel: 28.

Dependencia: Xefatura Territorial (Instituto Galego de Consumo).

Localidade: Pontevedra.