Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 11 de xullo de 2014 Páx. 30947

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cangas

EDICTO (P.O. 516/2010).

Eva María Carbajo Álvarez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cangas, mediante este edicto, anuncio:

Neste procedemento ordinario 516/2010, seguido por instancia da entidade mercantil Saneamientos Prado, S.L. fronte a José Luis Valle Pizarroso e a entidade Unión Construtora Vinalopo, S.L., ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza 11/2013.

Cangas, 5 de febreiro de 2013.

Sergio Orduña Alonso, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cangas e o seu partido, viu os presentes autos de procedemento ordinario 516/2010, seguido entre as partes, dunha, como demandante, a entidade mercantil Saneamientos Prado, S.L., representada polo procurador Sr. Maquieira Gesteira e coa asistencia da letrada Sra. Torres Castromil e, doutra, como demandados, José Luis Valle Pizarroso e a entidade Unión Constructora Vinalopo, S.L., ambos os dous en situación de rebeldía procesual, sobre acción de reclamación de cantidade.

Fallo:

Que, estimando integramente a demanda interposta pola representación procesual da entidade mercantil Saneamientos Prado, S.L., contra os codemandados José Luis Valle Pizarroso e a entidade Unión Constructora Vinalopo, S.L., condeno os demandados a que lle aboen de forma solidaria á demandante a cantidade de 15.204,01 euros, máis os xuros legais correspondentes, e con expresa condena en custas á parte demandada.

Contra esta sentenza cabe interpor recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte días desde a súa notificación, logo de consignación de 50 euros na conta do expediente, de conformidade co ordenado na disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 1/2009 e logo do pagamento, de ser o caso, da taxa correspondente, de acordo co establecido na Lei 10/2012.

E, estando o dito demandado, José Luis Valle Pizarroso e a entidade Unión Constructora Vinalopo, S.L. en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lles sirva de notificación en forma a estes.

Cangas, 11 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial