Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 11 de xullo de 2014 Páx. 30945

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2014 pola que se fai pública a relación definitiva de persoas aprobadas nas probas selectivas para a provisión de prazas, pola quenda de promoción interna e pola quenda libre, de técnico en prevención de riscos laborais vacantes no cadro de persoal laboral desta universidade, convocadas pola Resolución do 5 de novembro de 2012.

Unha vez finalizado o proceso selectivo para a provisión de dúas prazas de técnico en prevención de riscos laborais, vacantes na relación de postos de traballo de persoal laboral desta universidade, convocado pola Resolución do 5 de novembro de 2012 (DOG do 27 de novembro), e á vista da proposta de persoas aspirantes aprobadas feita polo tribunal que xulga estas probas,

Esta Xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro, e da delegación de competencias operada mediante a Resolución reitoral do 16 de xaneiro de 2012,

RESOLVE:

Facer pública a relación definitiva de persoas aprobadas nestas probas selectivas, que son as que se relacionan no anexo.

Contra esta resolución e de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), as persoas interesadas poderán interpoñer potestativamente recurso de reposición perante o reitor no prazo dun mes, ou directamente recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses na forma e nas condicións que están previstas na lei reguladora da dita xurisdición, que contan a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.

A Coruña, 30 de xuño de 2014

Juan Manuel Díaz Villoslada
Xerente da Universidade da Coruña

ANEXO
Relación definitiva de persoas aprobadas nas probas selectivas para a provisión de dúas prazas de técnico en prevención de riscos laborais, vacantes na relación de postos de traballo de persoal laboral desta universidade, convocado pola Resolución do 5 de novembro de 2012 (DOG do 27 de novembro).

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Puntuación total

Área de seguranza no traballo

32670322H

Fernández Dopico, Helena

Libre

78,03

Área de hixiene industrial

14253152Y

Bouzas Gómez, José Antonio

Libre

82,25