Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 11 de xullo de 2014 Páx. 30949

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Ordes

EDICTO (XVB 34/2013).

Eva Bernárdez Pereiras, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Ordes, mediante este edicto, anuncio:

No presente procedemento de xuízo verbal seguido por instancia de Allianz-Ras fronte a Juan Enrique Pérez Quintáns ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza.

Ordes, 20 de decembro de 2013.

Vistos por min, José Manuel Pérez Maside, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Ordes, os presentes autos de xuízo verbal co número indicado, sobre reclamación de cantidade, no cal foron parte demandante Allianz Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., representada pola procuradora Sra. Sánchez Silva e asistida polo letrado Sr. Botana Castro, e parte demandada Juan Enrique Pérez Quintáns, en rebeldía procesual, ditouse esta sentenza con base na seguinte resolución:

Que, aceptando integramente a demanda presentada pola procuradora Sra. Sánchez Silva, en nome e representación de Allianz Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., contra Juan Enrique Pérez Quintáns, debo condenar e condeno este a que lle aboe a aquela a cantidade de mil trescentos tres euros (1.303 €) máis os xuros legais da dita cantidade, que computarán desde o 15 de febreiro de 2011.

Impóñenselle as custas procesuais ao demandado.

Contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Estando o dito demandado, Juan Enrique Pérez Quintáns, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma a este.

Ordes, 10 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial