Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 11 de xullo de 2014 Páx. 30950

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (497/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 497/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana Beatriz Pardo Rabuñal contra Residencial Riasol, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

Resolución:

1º. Que, estimando a demanda formulada por Ana Beatriz Pardo Rabuñal contra a empresa Residencial Riasol, S.L. condeno esta a aboarlle a cantidade de 2.043,23 euros, que lle debe.

2º. O Fogasa deberá pasar pola presente resolución nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro, da LRXS.

Notifíquese ás partes e advírtase que contra a presente resolución non cabe recurso de suplicación por razón da materia ou contía, sen prexuízo do que puidese caber polos motivos recollidos no artigo 191.3 b), d) ou e) da LRXS, no caso de concorreren os supostos previstos en tales preceptos, que deberá ser anunciado ante este xulgado no prazo de cinco días seguintes á notificación da presente resolución na forma prevista no artigo 194 e concordantes da LRXS, e co cumprimento das obrigas de depósito, consignación ou aseguramento previstas nos artigos 229 e seguintes da LRXS.

Así por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, achándose celebrando audiencia pública no día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Residencial Riasol, S.L., expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de xuño de 2014

O secretario xudicial