Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Xoves, 10 de xullo de 2014 Páx. 30774

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1271/2014-IS).

Mª Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 1271/2014 desta sección, seguido por instancia de Grupo Sifu Galicia, S.A. contra o Fogasa, Limpiezas El Polígono, S.L., Unique Interim Empresa de Trabajo Temporal, S.A.U., Areas, S.A., María Monserrat Espiña Moure sobre despedimento disciplinario, ditouse con data do 12 de xuño de 2014 a seguinte resolución:

Decidimos:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da empresa Grupo Sifu Galicia, S.L., contra a sentenza de data 3 de decembro do 2013, ditada polo Xulgado do Social número 2 dos de Santiago de Compostela, en proceso 345/2013 promovido por María Monserrat Espiña Moure fronte ás empresas Limpiezas El Polígono, S.L., Unique Interim ETT, Areas, S.A. e a recorrente, debemos confirmar e confirmamos a sentenza recorrida, con imposición das custas á recorrente en importe de 550 euros.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación. Faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para a unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta aberta en Banesto co nº 1552 debendo indicar no campo concepto, «Recurso» seguida do código «35 Social Casación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o código «35 Social Casación». Se efectuase diversos pagamentos nesta conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos dela ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas El Polígono, S.L., para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, expido o presente edicto.

A Coruña, 12 de xuño de 2014

A secretaria xudicial