Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Xoves, 10 de xullo de 2014 Páx. 30772

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1360/2014-IS).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1360/2014 desta sección, seguido por instancia de Grupo Sifu Galicia, S.A. contra Fogasa, Areas, S.A., Unique Interim ETT, S.A.U., Limpiezas El Polígono, S.L., María Jesús Estévez Vázquez, sobre despedimento disciplinario, se ditou con data do 10 de xuño de 2014 a seguinte resolución. Resolvemos que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da empresa Grupo Sifu Galicia, S.L., contra a sentenza do 3 de decembro de 2013, ditada polo Xulgado do Social número dous dos de Santiago de Compostela, en proceso promovido por María Jesús Estévez Vázquez fronte ás empresas Limpiezas El Polígono, S.L., Unique Interim ETT, Areas, S.A. e a recorrente, debemos confirmar e confirmamos a sentenza impugnada.

De acordo co disposto nos artigos 203 e 204 da Lei da xurisdición social, cómpre darlles o destino legal aos depósitos e consignacións para interpor recurso, efectuados pola parte recorrente que, conforme o artigo 235.1 da Lei da xurisdición social, deberá aboar os honorarios de cada un dos letrados dos impugnantes do seu recurso por importe de cincocentos cincuenta euros (550 €) a cada un deles.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para interpor recurso, na conta de consignacións desta, aberta en Banesto co nº 1552. Deberá indicar no campo concepto «Recurso», seguida do código “«35 Social Casación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o código «35 Social Casación». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas El Polígono, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 10 de xuño de 2014

A secretaria xudicial