Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Xoves, 10 de xullo de 2014 Páx. 30770

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (6145/2011).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 6145/2011 desta sección, seguido por instancia de Miguel Gregorio Salgado Cotelo contra Fogasa, Mapfre Empresas, Cía. de Seguros y Reaseguros, S.A., Profesional Interservices, S.A., Administración Concursal Proínsa (Sres. Martínez Fabelo e Montilla Rodríguez) sobre outros dereitos Seguridade Social, ditouse a seguinte resolución:

Que no procedemento de recurso de suplicación 6145/2011 desta sección, seguidos por instancia de Miguel Gregorio Salgado Sotelo contra Mapfre Empresas, Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Fogasa, Profesional Interservices, S.A. e Administración Concursal Proinsa (Sres. Martínez Fabelo e Montilla Rodríguez) sobre reclamación de cantidade, ditouse resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Decidimos que desestimando o recurso de suplicación interposto por Miguel Gregorio Salgado Sotelo contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número un de Pontevedra con data do 17 de outubro de 2011, debemos confirmar integramente a resolución recorrida.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estivese exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no Banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que así conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en legal forma a Professional Interservices, S.A. coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 28 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial