Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Xoves, 10 de xullo de 2014 Páx. 30769

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 5 de xuño de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, polo que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante de persoal licenciado sanitario.

A citada resolución estará exposta, desde a mesma data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nos taboleiros oficiais de anuncios da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

As solicitudes deberán presentarse no prazo de 15 días hábiles, desde o seguinte ao desta publicación.

Ourense, 5 de xuño de 2014

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras