Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Xoves, 10 de xullo de 2014 Páx. 30768

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega de Innovación

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 11 de xuño de 2014 pola que se convocan, para a súa provisión polo sistema de libre designación, tres postos de traballo vacantes nesta axencia.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 119, do 25 de xuño de 2014, cómpre efectuar a seguinte corrección:

– Na páxina 28682, no punto quinto, onde di: «Esta convocatoria será resolta polo Consello Reitor da Axencia Galega de Innovación, de acordo co previsto no artigo 15.j) dos estatutos da dita axencia, aprobados polo Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro.», debe dicir: «Esta convocatoria será resolta pola Consellería de Economía e Industria».