Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Xoves, 10 de xullo de 2014 Páx. 30776

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (6014/2012-MFV).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso suplicación 6014/2012-MFV desta sala, seguido por instancia de Industrial de Prefabricados Tecnológicos de Hormigón de Madrid, S.A. contra INSS-TGSS, Construcciones Radicais, S.L., C. hereditaria Pedro M. Soares Cancela (Carla e Sofía Silva e Matilde Rocha) sobre recarga de accidente, foi ditada a seguinte resolución:

«Que debemos desestimar e desestimamos o recurso de suplicación interposto pola entidade industrial de Prefabricados Tecnológicos de Hormigón de Madrid, S.A. contra a sentenza ditada no quince de xuño de dous mil doce polo Xulgado do Social número catro de Vigo nos autos 915-2011 sobre recarga de prestacións, seguidos entre partes como demandante a empresa Industrial de Prefabricados Tecnológicos de Hormigón de Madrid, S.A. e como demandado o INSS e a TXSS, a empresa Construcciones Radicais, S.L., e a comunidade hereditaria de Pedro Manuel Soares Cancela, confirmámola esta na súa integridade. Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación. Faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala aberta no Banesto co nº 1552, indicando no campo do concepto «Recurso» seguido do código «35 Social Casación». Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá incluír despois da conta referida, separados por un espazo, o código «35 Social Casación». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles».

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Radicais, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de xuño de 2014

A secretaria xudicial