Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Xoves, 10 de xullo de 2014 Páx. 30778

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5629/2012).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 5629/2012.

Xulgado de orixe/autos: demanda 134/2010 Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Recorrente: Juana Castro Sestayo.

Avogada: María Elena Villafañe Verdejo.

Procurador: Marcial Puga Gómez.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Transportes Malpi, S.L.

Avogados: Servizo Xurídico Seguridade Social (provincial), Servizo Xurídico Seguridade Social (provincial), Pablo Torrado Oubiña.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 5629/2012 seguido por instancia de Juana Castro Sestayo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Transportes Malpi, S.L. sobre viuvez, se ditou a seguinte resolución:

Decidimos desestimando o recurso de suplicación interposto por Juana Castro Sestayo contra a Sentenza do 30 de abril de 2012 do Xulgado do Social número 4 da Coruña, ditada en xuízo seguido por instancia da recorrente contra a Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social Gallega, o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a entidade mercantil Transportes Malpi, Sociedad Limitada (Manuel Gil Suárez), a Sala confírmaa integramente.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no Banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

E para que así conste para efectos da súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma a Transportes Malpi, S.L. actualmente en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido en r/ Ramón y Cajal, 41-1º da Coruña, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 13 de xuño de 2014

A secretaria xudicial