Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 9 de xullo de 2014 Páx. 30673

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Barro (expediente IN407A 2014/98-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMT e CT Os Casás-Goimil.

Situación: Barro.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor tipo LA-56 de 55 metros de lonxitude con orixe no apoio C-3000/14, nº 62-10 da TIB 810 da derivación ao CT Revolta e final no apoio proxectado CH-630-13, no cal se realiza un paso aéreo subterráneo (PAS). LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 de 868 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado CH-630-13 (PAS) e final no CT proxectado. Centro de transformación de 250 kVA, RT 20 kV/400-230 V, situado nos Casás, Barro.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial, avenida Fernández Ladreda, 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacions por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Así mesmo, e no mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación.

Pontevedra, 12 de xuño de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados

Predio 1. Municipio: Barro; lugar: Rabuña; titular: Mancomunidade de Montes de Agudelo; afección: 6 m2 de solo para o apoio nº 1 (paso aéreo subterráneo).

Predio 2. Municipio: Barro; lugar: Os Casás-Agudelo; titular: Mª Carmen Villaverde Vázquez; afección: 8,42 m2 de solo para o centro de transformación e 0,49 m2 de servidume de paso.

Predio 3. Municipio: Barro; lugar: Os Casás-Agudelo; titular: Celso Fernández Vázquez; afección: 8,39 m2 de solo para o centro de transformación e 6,98 m2 de servidume de paso.