Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 9 de xullo de 2014 Páx. 30671

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición das autorizacións administrativas previas e de construción da instalación eléctrica no concello de San Cibrao das Viñas (expediente IN407A 2014/17-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32000 Velle.

Denominación: LMT, CT e RBT A Mioteira.

Situación: San Cibrao das Viñas.

Características técnicas:

LMT aerosubterránea a 20 kV de 162 m en aéreo con condutor LA-56 e 710 m en subterráneo con condutor RHZ1 con orixe na LMT existente VLL813 ao CT existente Santa Cruz da Mioteira (36ABL6) e remate no CT proxectado rural A Mioteira de 160 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

RBT aerosubterránea de 550 m en aéreo con condutor RZ e 42 m en subterráneo con condutor XZ1 derivada do CT proxectado A Mioteira.

Orzamento: 142.526,57.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 12 de xuño de 2014

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense