Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 9 de xullo de 2014 Páx. 30675

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Sarria (expediente IN407A 2014/28-2, 8164 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: recuamento na rúa Calvo Sotelo.

Situación: concello de Sarria.

Características técnicas:

• LMTS a 20 kV, con orixe na LMTS a CT Ponte Vella (27C841) e final na LMTS a CT Malecón, cunha lonxitude de 95 metros en condutor RHZ1 12/20 kV 3×240 mm2.

• LBTS con orixe no CT Ponte Vella (27C841), cunha lonxitude de 150 metros en condutor tipo XZ1.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 16 de xuño de 2014

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo