Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 9 de xullo de 2014 Páx. 30676

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Sarria (expediente IN407A 2014/27-2, 8163 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: recuamento provisional na rúa Calvo Sotelo.

Situación: concello de Sarria.

Características técnicas:

• LMTA illada trenzada con orixe nun paso aéreo a soterrado situado nun apoio proxectado tipo HVH-12/2500 e final nun paso aéreo a soterrado situado nun apoio proxectado tipo HVH-12/2500, cunha lonxitude de 46 metros en condutor tipo RS 12/20 3×150 mm2.

• LMTS na rúa Calvo Sotelo, con orixe na LMTS a CT Ponte Vella (27c841) e final na LMTS a CT Malecón (27SS22), cunha lonxitude de 176 metros en condutor RHZ1 12/20 kV 3×240 mm2.

• RBTS na rúa Calvo Sotelo, con orixe no CT Ponte Vella, cunha lonxitude de 316 metros en condutor tipo XZ1.

• LBTA na rúa Calvo Sotelo, con orixe na RBTS proxectada, cunha lonxitude de 60 metros en condutor tipo RZ.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 16 de xuño de 2014

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo